
Comunidade
A comunidade do Teologado Diocesano
de Mondoñedo-Ferrol está formada, durante este curso académico
2010-2011, por sete seminaristas e dous formadores.
Cinco dos nosos seminaristas maiores
están a estudiar o ciclo institucional dos estudios teolóxicos,
outro cursa o bienio
de Teoloxía Fundamental e outro está na etapa pastoral sendo xa
diácono.
O noso Teologado Diocesano conta con
dous formadores: un é o Rector do Seminario Maior e o outro é o
Director Espiritual.
A Comunidade do Teologado Diocesano
está aberta a aqueles rapaces que queiran coñecernos máis de cerca
ou queiran vivir unha experiencia de convivencia connosco en orde a
discernir a súa propia vocación.
Tamén acollemos de bo grao a aqueles
sacerdotes da Diocese que queiran compartir uns días connosco.
|