Quiroga Palacios 2 A
15703 Santiago de Compostela
Teléfono 981 563 035

Humana | Intelectual | Espiritual | Comunitaria | Pastoral
:: Ser unha verdadeira familia

 

Seminaristas e formadores están chamados a formar unha única comunidade que sexa unha familia que cumple o desexo do Señor: "que todos sexan un" (Xn 17,11).

 

 

 

Comunitaria

O Seminario é basicamente comunidade de discípulos do Señor que, a partir da profesión dunha mesma fe, celebrando unha mesma Liturxia e na experiencia fraternal dun mesmo amor, vive o Misterio de Cristo e é, no medio do mundo, signo e instrumento de salvación.

  • A vida dos seus membros está chamada a ser, ó estilo do discipulado de Jesús, unha comunidade de crentes que, vencellados ó Señor, e participando da súa vida, queren vivir con radicalidade o espírito do Evanxeo.
     

  • O Seminario debe vivir aberto, solidaria e servicialmente, á Igrexa e ó mundo de hoxe, estando moi atento ás súas necesidades. Como comunidade eclesial diocesana, o Seminario vive en comunión co seu Bispo e co Presbiterio, coñece de preto as súas preocupacións pastorais e está enxertado na vida da Diocese, participando das súas esperanzas e inquedanzas e prestando, dentro das súas posibilidades, aqueles servicios que o Seminario pode ofrecer á comunidade diocesana.

  • Todos os membros da comunidade, reunidos polo Espírito nunha mesma confesión de te e unha soa fraternidade, colaboran na tarefa común de discernir a vocación e preparar para o presbiterado.