Ser espiritual
significa deixarse guiar polo Espírito. Xesús de Nazaret
é o home espiritual por excelencia.
A formación do Seminario ten que fomentar a apertura
ó Espírito, a odediencia ás súas chamadas e a docilidade
á súa acción.
Espiritual
A formación espiritual do Seminario ten unha finalidade
específica: cultivar a espiritualidade do presbítero diocesano
secular.
A
formación espiritual do seminarista debe ser necesariamente
diocesana, posto que se funda na relación co bispo, o
presbiterio e mailos fieis. Teñen que evitarse tanto os
universalismos evasores coma os localismos pechados.
A
Eucaristía, centro da vida litúrxica e cristiá, cume fonte
da vida da Igrexa, raíz e quicio da comunidade cristiá,
constitúese, pola súa celebración diaria, no sustento básico da
vida espiritual do Seminario.
Compételle ó Seminario informar
debidamente sobre a donación e as renuncias que comporta o
celibato consagrado, de tal xeito que os seminaristas poidan
facer unha elección libre, seriamente meditada e xenerosa.
A
oración persoal é un medio importante de maduración na fe. É
importante que o seminarista teña unha iniciación axeitada e
adique a ela diariamente un tempo para acadar o hábito da
oración. Por iso a importancia do silencio interior e exterior
como momentos non só para o estudio e o descanso, senón tamén
como tempos especialmente abertos á escoita e ó diálogo íntimo
con Deus.
A oración litúrxica e comunitaria
é tamén moi importante: por medio dela vanse comunicando,
acrecentando e enriquecendo tanto a fe coma a experiencia da
vocación.