Quiroga Palacios 2 A
15703 Santiago de Compostela
Teléfono 981 563 035

Humana | Intelectual | Espiritual | Comunitaria | Pastoral

Formación

A formación dos candidatos ó ministerio presbiteral constitúe a razón de ser do Seminario Maior. Este enténdese, pois, como o lugar privilexiado dentro da comunidade diocesana, ó servicio da formación integral para o ministerio ordenado.

É polo tanto, tamén, o lugar de referencia para a maduración persoal e para o discernimento vocacional. Para cumprir o seu obxectivo, o Seminario Maior debe ter en conta todas aquelas dimensións da formación, a partir das que se vai artellando a vida dos seminaristas:

  • Formación humana. Está fóra de dúbidas que a formación humana constitúe a base de toda a formación sacerdotal. A madurez humana que esixe o propio ministerio fai imprescindible un discernimento continuado acerca das aptitudes humanas do chamado, tanto antes de entrar no Seminario coma durante todo o proceso de formación.
     

  • Formación intelectual. Os estudios filosóficos e teolóxicos tamén están ó servicio desta formación. O primeiro deber inexcusable do seminarista é o estudio que, para garantir a súa seriedade, debe ser programado e constantemente revisado.
     

  • Formación espiritual. Constitúe o centro vital que unifica e dá senso a tódalas outras dimensións da formación. A madurez na fe é a chave tanto para o discernimento vocacional coma para o futuro ser e facer do sacerdote.

  • Formación comunitaria. A experiencia da vida comunitaria vai formando á persoa e contribúe á súa madurez en tódalas outras dimensións. Unha experiencia comunitaria auténtica é a mellor garantía para formar a quen está chamado por Deus para crear comunidade entre os seus irmáns.
     

  • Formación pastoral. Posto que a misión esencial do Seminario Maior é a de formar aunténticos pastores, é necesario que aprendan a exercer a arte do apostolado non só en teoría, senón tamén a través da práctica.
     

Así, pois, o tempo que vai desde o ingreso no Seminario ata a ordenación sacerdotal supón para o seminarista un tempo de maduración persoal e vocacional, que ten un carácter progresivo e que se fundamenta nese diálogo constante que se dá entre a gracia de Deus e a liberdade do chamado.

 

 
:: O noso desafío
 

O Seminario está chamado a afondar na reaidade permanente do sacerdocio ministerial e a buscar con radical sinceridade o que a Igrexa e o mundo piden ao ministerio presbiteral no momento presente.