![]() |
Quiroga Palacios 2 A |
|
|
|
Historia do noso Seminario1583 Este é o ano da fundación do Seminario Conciliar de Santa Catalina de Mondoñedo, durante o pontificado do bispo Mons. Isidro Caja de la Jara. 1770 Empézase a construcción dun novo edificio á beira da Catedral. Mons. Xosé Francisco Losada e Quiroga é o bispo promotor desta obra, que se rematará cinco anos despois. 1775 É agora cando o Seminario mindoniense acada o seu maior explendor e, baixo o Padroado Real de Carlos III, concédeselle o título de Real Seminario Conciliar de Santa Catalina. 1947 Empézase neste ano a gran ampliación do Seminario. Constrúense novos pavillóns e realízanse obras durante dez anos. O bispo que comeza as obras é Mons. Fernando Quiroga Palacios. 1957 Rematan as obras de ampliación do Seminario. O bispo Mons. Mariano Vega Mestre consagra o altar da nova Capela Maior na Solemnidade da Inmaculada. 1967 Sendo bispo da diócese Mons. Xacinto Argaya Goicoechea, o Seminario Maior de Mondoñedo-Ferrol trasládase a Salamanca e créase alí o Teologado Diocesano San Rosendo. Os seminaristas maiores da Diocese son alumnos da Universidade Pontifica de Salamanca. 1977 Os seminaristas maiores da nosa diocese intégranse agora no Seminario Maior de Santiago de Compostela, en San Martiño Pinario, xunto cos das outras dioceses de Galicia, tentando poñer en marcha a experiencia dun Seminario Rexional. O bispo de Mondoñedo-Ferrol era daquela Mons. Miguel Anxo Araújo Iglesias. 1986 Empézase a experiencia dun novo Teologado Diocesano en Santiago de Compostela, estando a diocese en sé vacante e sendo Administrdor Diocesano D. Uxío García Amor. 1988 Despois de rematar unha nova construcción no Seminario de Belvís, en Santiago de Compostela, e tralo acordo asinado polo bispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Xosé Gea Escolano, e polo arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Antonio María Rouco Varela, inaugúrase o actual Teologado Diocesano San Rosendo, o día cinco de outubro, nun solemne acto no que participaron tódolos bispos de Galicia, xunto con representacións do clero diocesano e das outras dioceses galegas.
|