
Humana
O don do presbiterado e mailo seu
exercicio non é algo extrínseco á condición humana e cristiá do
seminarista. A vocación ó ministerio presbiteral é un xeito concreto
e específico de realizar a chamada a ser home novo.
É responsabilidade do Seminario
favorcer e garantir, nos candidatos ó ministerio presbiteral, unha
personalidade equilibrada e madura, correctamente artellada coa
vocación ó ministerio, pois a identificación da persoa do
seminarista co ser e o ministerio do presbítero diocesano secular
constitúe o traballo esencial do Seminario.
-
Como
comunidade humana, os formadores e os seminaristas comparten un
proxecto de vida en común e participan, cada un segundo a súa
función e responsabilidade, no mesmo proceso formativo.
-
A
convivencia e a amizade entre os distintos membros do Seminario
teñen como horizonte a educación de persoas chamadas a formar "unha
comunidade fraterna que vive con gozo a presencia, a palabra e o
amor de Cristo Resucitado".
-
Un dos obxectivos máis
importantes da formación humana consiste en que o seminarista
vaia acadando, mediante o encontro transparente consigo mesmo,
cos formadores e coa comunidade, un coñecemento axustado sobre a
súa propia persoa.
|