Quiroga Palacios 2 A
15703 Santiago de Compostela
Teléfono 981 563 035

Humana | Intelectual | Espiritual | Comunitaria | Pastoral
Ser estudiantes responsables
 

O estudio constitúe unha das responsabilidades fundamentais da vida do seminarista en orde á súa formación.

Dar razón da nosa esperanza é o que debe motivarnos para estudiar con rigor os contidos esenciais das ciencias filosóficas e teolóxicas, de xeito que nos capaciten para propoñer con claridade o Evanxeo de Xesucristo ós homes e mulleres do noso tempo.

 

 

 

Intelectual

A dimensión intelectual é esencial no proceso de formación para o ministerio ordenado. Tanto é así que, tendo en conta o tempo que adicamos ás clases e ó estudio persoal, esta tarefa ocupa a maior parte da nosa xornada.

  • A formación intelectual dos nosos seminaristas está confiada ó Instituto Teolóxico Compostelán, centro agregado á Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca.
     

  • A formación teolóxica dos candidatos ó ministerio ordenado esixe fidelidade ó home concreto a quen se ofrece o Evanxeo como Palabra de Salvación. Para iso, os seminaristas deberán familiarizarse coa linguaxe, a cultura, os problemas e os plantexamentos da sociedade na que viven.

  • O estudio da Filosofía e das Ciencias Humanas e a formación dun pensamento crítico son condicións indispensables na formación intelectual dos futuros sacerdotes, que deben capacitarse para dar razón da súa fe ós homes e mulleres de hoxe.

É no marco complexo do mundo actual, dentro do que debe reflexionar a teoloxía, sen medos nin presuncións, superando a vella e dolorosa separación entre a fe e a cultura, entre a Igrexa e a sociedade.