Quiroga Palacios 2 A
15703 Santiago de Compostela
Teléfono 981 563 035

Humana | Intelectual | Espiritual | Comunitaria | Pastoral
:: Para ser bos pastores

 

A formación pastoral dos seminaristas comprende dous niveis complementarios: o estudio da teoloxía da acción pastoral e maila realización de accións pastorais concretas.

 

 

 

Pastoral

A formación de auténticos pastores, conforme ó corazón de Cristo, constitúe a razón de ser do Seminario.

  • A práctica pastoral debe estar axeitadamente artellada coas outras dimensións da formación do seminarista no seu proxecto persoal de vida, gardando todas elas entre si unidade e harmonía.
     

  • Unha correcta formación pastoral debe ser apostólica, é dicir, motivada pola ansia de salvación dos homes en Cristo. Por iso se debe poñer especial interese en que os futuros presbíteros sexan solidarios coas aspiracións que xurden do compromiso pola paz e a xustiza e mailo diálogo cs alonxados e os non crentes.

  • Todo o proceso de formación pastoral dos futuros presbíteros estará orientado polas liñas pastorais diocesanas, posto que nelas as respectivas Igrexas particulares, baixo a dirección dos seus pastores, van adaptando a cada pobo e mentalidade a riqueza e a profundidade que encerra o misterio da Igrexa.